Dado que xa temos feito varios obradoiros en Maceda, sobran as palabras para dicir que este grupo de mulleres son unhas auténticas profesionais do fiado. Este mes de marzo quedamos todos os sábados para darlle continuidade o obradoiro “Fiando Igualdade”, pero xa incrementando a dificultade dos deseños. Non todo ía ser tan sinxelo! Fiamos na mentres debatemos sobre feminismo, igualdade, estereotipos, roles de xénero...; a idea é que todas as mulleres participen e socialicen.
Como o tempo estaba bastante limitado, centrámonos principalmente na técnica do fiado a contraluz e nun deseño de fiado celta que podedes ver nas fotos. Aínda que o principio non tiñan claro que ían ser capaces de sacar adiante o fiado, finalmente resultou coser e cantar. Eu xa intuía que estaría perfecto! Tamén é certo que moitas xa tiñan prácticas noutros tipos de traballos manuais, que sempre lles da máis destreza manual, pero aínda así mostraron dotes artísticas!
Foi un pracer coñecervos e compartir con vós estes días. Ata outra!
Comments