AVISO LEGAL
Xogo de Fíos dálle a benvida!
Desde Xogo de Fíos consideramos importante que as persoas usuarias coñezan a información relativa ós termos e condicións legais, as cales definen as relacións entre os mencionados usuarios e a nosa empresa, antes de continuar a navegación.
Polo tanto, Xogo de Fíos comprométese a procesar a información dos usuarios e clientes con plenas garantías e cumprir cos requisitos nacionais e europeos que regulan a recollida e uso dos datos persoais destes usuarios. O sitio web cumpre coa seguinte lexislación:
-
Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
-
R.D. 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da LOPD.
-
Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas respecto ao tratamento, datos persoais e a libre circulación destes datos (RGPD).
-
Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da sociedade da información e comercio electrónico (LSSICE).
DATOS DA PERSOA RESPONSABLE
-
Identidade: Lorena Quintas Rejo.
-
Nome comercial: Xogo de Fíos.
-
DNI/NIF: 44489114F.
-
Enderezo: Outeiro de Laxe 1, Allariz 32668, Ourense, España.
-
Correo electrónico: xogodefios@gmail.com
CONDICIÓNS XERAIS DE USO
As presentes condicións xerais regulan o uso, o acceso das páxinas web integrantes do sitio Xogo de Fíos e os contidos e servizos postos a disposición nelas. Toda persoa que acceda á paxina web acepta someterse ás condicións xerais vixentes en cada momento do portal de Xogo de Fíos.
COMPROMISOS E OBRIGACIÓNS DOS USUARIOS
Queda prohibido o uso da páxina web con fins ilícitos ou que, de calquera forma, podan causar prexuízos ou impedir o normal funcionamento do sitio web.
Respecto dos contidos desta páxina web prohíbese:
-
A súa reprodución, distribución ou modificación total ou parcial a menos que se conte con autorización explícita.
-
Calquera vulneración dos dereitos da persoa provedora ou lexítima titular.
-
A súa utilización con fins comerciais ou publicitarios.
Na utilización da páxina web Xogo de Fíos, o usuario comprométese a non levar a cabo ningunha conducta que poida danar a imaxe, os intereses e os dereitos de Xogo de Fíos ou de terceiros. Tamén asume o compromiso de non danar, inutilizar ou sobrecargar o sitio web que impida a normal utilización desta páxina.
Non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos online non son totalmente fiables e que, por tanto, Xogo de Fíos non pode garantir a inexistencia de malware ou outros elementos que produzan alteracións nos sistemas informáticos (software e hardware) do usuario ou nos seus documentos electrónicos e ficheiros contidos nos mesmos, aínda que poña todos os medios necesarios e as medidas de seguridade oportunas para evitar a presencia destes elementos daniños.
MEDIDAS DE SEGURIDADE
Os datos persoais comunicados polo usuario a Xogo de Fíos poden ser almacenados na base de datos automatizada, cuxa titularidade corresponde en exclusiva a Xogo de Fíos. Asumindo todas as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garanten a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nas mesmas; de acordo co establecido na normativa vixente en protección de datos.
A comunicación entre os usuarios e Xogo de Fíos emprega unha canle segura e os datos transmitidos son cifrados a través de protocolos https. Polo tanto, garante as condicións de seguridade axeitadas para que a confidencialidade dos usuarios estea protexida.
EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADES
Xogo de Fíos non asume ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puideran causar:
-
A ausencia de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da web ou dos seus servizos e contidos.
-
A existencia de malware nos contidos, o uso ilícito, neglixente, fraudulento ou contrario a este aviso legal.
-
A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición dos usuarios no sitio web.
-
O provedor non se fai responsable dos danos que puideran derivar do uso ilegal ou indebido da presente páxina web.
DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
En virtude do disposto na Lei de Propiedade Intelectual, queda expresamente prohibida a reprodución e a comunicación pública da totalidade ou parcialidade dos contidos desta páxina web con fins comerciais, en calquera soporte ou por calquera medio técnico, sen autorización de Xogo de Fíos.
O usuario comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial, titularidade de Xogo de Fíos. O usuario coñece e acepta que a totalidade do sitio web, contendo sen carácter exhaustivo, o texto e contidos que inclúen a estrutura, selección, ordenación e presentación dos mesmos.. Podcasts, fotografías, material audiovisual e gráficos están protexidos por marcas, dereitos de autor e outros dereitos lexítimos de acordo cos tratados internacionais nos que España é parte.
No caso de que un usuario considere que se produciu unha violación dos seus dereitos de propiedade intelectual, pola introdución dun determinado contido na web, deberá notificar dita circunstancia a Xogo de Fíos. Indicando datos persoais da persoa interesada, titular dos dereitos presuntamente infrinxidos, ou indicar a representación coa que actúa.
En caso de que a reclamación sexa presentada por un terceiro, distinto da persoa interesada, sinalará os contidos protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e a súa localización na web, na acreditación dos dereitos de propiedade intelectual sinalados e a declaración expresa na que a persoa interesada responsabilizase da veracidade das informacións facilitadas na notificación.
POLÍTICA DE COMENTARIOS
Xogo de Fíos permite realizar comentarios para enriquecer os contidos e realizar consultas coas seguintes condicións:
-
Non se admiten comentarios non relacionados coa temática da web que inclúan difamacións, agravios, insultos, ataques persoais ou faltas de respecto en xeral. estes comentarios serán suprimidos polos administradores da web.
-
Serán eliminados os comentarios que conteñan información enganosa ou falsa. Así como aqueles que conteñan información persoal que vulnere a política de protección de datos.
-
Desestimaranse os comentarios creados só con fins promocionais dunha web, persoa ou colectivo e todo o que poda ser considerado spand en xeral.
-
Non se permitirán comentarios anónimos ou aqueles realizados por unha mesma persoa con distintos alcume.
-
Tampouco se consideran aqueles comentarios que intenten forzar un debate ou toma de postura por outro usuario.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS
En Xogo de Fíos cumprimos coa normativa vixente en España a través do R.D. 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a defensa dos consumidores e usuarios. Gustaríanos que estivera satisfeito/a coa súa compra, pero en calquera caso ofrecemos unha política de devolucións fácil e protectora cos seus dereitos.
Se a obra adquirida en Xogo de Fíos presenta defectos de confección, ruptura durante o envío ou danos de distinta índole, vostede ten o dereito de solicitar a devolución da mesma con todas as garantías abaladas pola presente lexislación.
PRAZO DE DEVOLUCIÓN: a persoa consumidora terá un prazo de 14 días naturais, desde a data de recepción do pedido, para solicitar a devolución do mesmo.
CONDICIÓNS PARA A DEVOLUCIÓN:
-
Estado do produto: as obras suxeitas a devolución deben permanecer no seu estado orixinal, sen raiar ou danar os materiais e no seu embalaxe orixinal.
-
Excepcións: as obras personalizadas ou en oferta non están suxeitas a devolución, a menos que o cliente as reciba en mal estado (ruptura de cristal, raiado, confección defectuosa...).
PROCESO DE DEVOLUCIÓN:
-
Notificación: deberá enviar un correo electrónico a xogodefios@gmail.com indicando o número de pedido, o produto e o motivo da devolución.
-
Instrucións: de seguido á recepción do correo, recibirá as correspondentes instrucións para proceder a súa devolución.
-
Costes da devolución: no caso de produtos defectuosos ou recibidos en mal estado, tal como vimos sinalando anteriormente, a responsabilidade e os costes derivados serán asumidos por Xogo de Fíos. Sen embargo, se a obra se devolve por cambio de opinión do cliente ou calquera outra razón de índole persoal, os costes de dita devolución serán responsabilidade do cliente.
-
Reembolso: unha vez que recibamos e verifiquemos o estado do produto devolto, procederemos a reembolsar a cantidade íntegra nun prazo de 7 a 10 días hábiles.
REEMPRAZO DE PRODUTOS
Tan só se admite cambio de obra sen custo para o cliente no caso de que a compra orixinal do produto presente imperfección ou dano, tal como sinalamos con anterioridade. Nesta casuística, a obra será cambiada por outra idéntica asumindo Xogo de Fíos a responsabilidade e os custos derivados da devolución. *Seguiremos o procedemento de devolución descrito no apartado anterior.
ATENCIÓN AO CLIENTE
Se ten algunha dúbida sobre a nosa política de devolucións, pode contactarnos no teléfono 676716291 ou no correo electrónico xogodefios@gmail.com
Estaremos a súa disposición!