Buscas un pequeno detalle que fale de ti ou unha idea de agasallo personalizado? Agora xa podes desfrutar da nosa colección de chaveiros personalizados, deseñados e confeccionados artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.
Pezas artesanais que combinan creatividade e identidade nun formato práctico para o día a día. Cada inicial representa moito máis que unha letra, simboliza todo aquilo que forma parte da nosa vida. Un pequeno detalle capaz de acompañarte diariamente nas túas chaves, bolso, mochila ou mesmo converterse nun agasallo cheo de significado. Neste caso, aplicamos unha capa de resina UV superposta ao fío para unha maior protección, resistencia e durabilidade da peza. Incluso lle aporta maior beleza e elegancia. Leva contigo unha inicial! Leva unha historia!
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, base de madeira, cola branca de madeira, resina UV de alta resistencia e anclaxe para colgar.
- Deseño: iniciais do abecedario tapizadas con fío sobre base de madeira.
- Dimensións: 5x5cm aproximadamente (forma irregular).
- Cores: multitude de tonalidades segundo demanda.
- Acabado: capa protectora de resina UV que proporciona dureza, brillo e maior resistencia ao tapizado.
- Usos: ideal como chaveiro, accesorio para mochilas, bolsos e estoxos. Incluso como agasallo personalizado para aniversarios, eventos, empresas ou celebracións especiais.
BENEFICIOS:
- Singularidade: peza utilitaria que combina arte e personalidade.
- Distinción: a beleza e elegancia desta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Perfecto para agasallos de eventos, ceremonias, aniversarios....
PREZO: 5€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España).
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
