top of page

Descubre a beleza e o profundo significado deste trisquel celta, confeccionado artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Este trisquel circular aporta un significado máis complexo que o simple. Neste caso, o círculo que envolve ás 3 espirais encarna á filosofía celta da interrelación de todos os elementos que converxen no universo e a natureza recorrente do tempo. Ten unha dimensión espiritual e enerxética, asociándose co transcendental e o sagrado. Presentado sobre a base de madeira tintada, concretamente no tradicional prato do polvo, este deseño leva consigo unha auténtica fusión entre arte, tradición e cultura galegas.

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira, tinte de madeira ecolóxico de base auga, cola branca de madeira, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
  • Deseño: trisquel celta confeccionado con fío sobre prato de madeira tintada.
  • Dimensións: 20cm diámetro e 2cm grosor.
  • Cores: por defecto empregamos fío en tonalidades claras e tintamos a madeira cunha cor máis escura para que contraste. Se prefires en branco/negro recoméndase contactar.
  • Bases: polo formato do deseño empregamos madeira, pero no caso que prefiras outras bases (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte e simbolismo cultural.
  • Distinción: a beleza e elegancia que transmite este símbolo celta é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecto para amantes da tradición celta ou mesmo ideal como agasallo especial.

 

PREZO: 15€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

 

 

 

Trisquel celta circular sobre base de madera tintada

SKU: 30
15,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page