Tes paixón pola lectura? Agora xa podes desfrutar desta afección coa nova colección de marcapáxinas, deseñados e confeccionados artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.
Pezas con alma que acompañan ó lector durante a súa viaxe literaria. Cada marcapáxinas nace dunha labor paciente, onde o fío se transforma en camiño e a artesanía convértese en arte. O proceso de fiado manual, guiado polo tacto, da vida a deseños que transmiten creatividade e sensibilidade artística, do mesmo xeito que a literatura nos abre as portas doutros mundos. Así, arte e literatura fusiónanse para crear un elemento que garda historias e sentimentos entre as súas fiadas. Desfruta lendo! Desfruta sentindo!
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, tablilla MDS 3mm, cola branca de madeira, verniz mate ecolóxico en aerosol e rafia.
- Deseño: variedade de marcapáxinas confeccionados con fío.
- Dimensións: 15cmX5cm (lámina 3mm).
- Cores: ás combinacións expostas nas fotos, pódense engadir outra personalizada.
- Bases: a máis recomendable para desfrutar da lectura dun xeito ameno é a lámina, en calquera caso estamos a disposición de cambiar o formato.
O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade de cada persoa. Por iso, para que desfrutes da lectura dun xeito ameno propómosche personalizar o marcapáxinas completamente ó teu gusto, así podes adaptalo o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!
BENEFICIOS:
- Singularidade: fusión de arte e literatura nun elemento artesanal único.
- Distinción: a beleza e elegancia desta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Perfecto para amantes da lectura ou como agasallo orixinal.
PREZO: 5€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España).
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!
