Revive un dos momentos máis emotivos do cine clásico a través desta escena de Chaplin, confeccionada en tonalidades monocromáticas por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.
Inspirada na famosa película “The Kid”, donde Chaplin e o neno están sentados na escaleira, esta obra captura a tenrura e humanidade dos personaxes. Desta volta, en Xogo de Fíos xogamos coas tonalidades grises e negras do fío para crear esa maxia que inmortaliza este momento. Unha obra artesanal única que reflexa tanto humor como as profundas emocións desta película, agora plasmada con todo agarimo coas nosas fiadas.
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, impresión do fondo orixinal da película, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
- Deseño: cadro de Chaplin confeccionado con fío monocromático.
- Dimensións: 37X26,5X1,5cm.
- Formato: a única opción posible para este tipo de deseño é o cadro.
BENEFICIOS:
- Singularidade: peza decorativa que combina arte, nostalxia e creatividade.
- Distinción: a beleza e elegancia desta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Ideal para amantes do cine clásico ou como agasallo especial.
PREZO: 75€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!