top of page

Descubre a esencia rural de Galicia a través da dulzura e encanto deste porco tan floreado, unha peza deseñada e confeccionada artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Con esta obra artesanal pretendemos saír dos tradicionais deseños, amosar algo único que marque tendencia. Por iso, a creatividade da nosa imaxinación voou por si mesma ata fiar este porquiño tan floreado. Un deseño orixinal, elegante e sofisticado que agora xa pode decorar o teu espazo persoal. Asemade, a colocación na base de madeira natural realza a beleza do fío e aporta calidez; feito que conecta esta obra artesanal coa tradición galega.

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira natural, cola branca de madeira, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
  • Deseño: porquiño floral confeccionado con fío sobre prato de madeira natural.
  • Dimensións: 26cm de diámetro e 2cm grosor.
  • Bases: polo formato do deseño empregamos madeira, pero no caso que prefira outras bases (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Incluso se prefires que che deseñemos algunha outra paisaxe ou monumento da túa comarca, contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte, tenrura e orixinalidade.
  • Distinción: a beleza e elegancia desta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecto como agasallo orixinal ou decoración do teu fogar.

 

PREZO: 30€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

Porco floral sobre prato de madeira natural

SKU: 54
30,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page