Queres engadir un toque artístico e artesanal a túa mesa? Descubre a nova colección de servilleteros, deseñados e confeccionados artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.
Cada servilletero é máis que un complemento decorativo, é unha peza con alma que transforma un obxecto cotián nun símbolo de beleza. Pezas con alma, confeccionadas á man, que engaden un toque especial as túas comidas. Unha fusión perfecta entre funcionalidade e arte, cada obra é diferente destacando pola súa singularidade e a harmonía dos deseños. O tacto convértese nun pincel que tece formas, liñas e sensacións sobre a madeira. Invita a compartir eses momentos especiais, desfruta dunha boa compaña rodeándote de estilo e elegancia. En Xogo de Fíos sempre vamos encontrar unha historia coa que facer único cada momento.
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, peza de madeira, cola branca de madeira e verniz mate ecolóxico en aerosol.
- Deseño: opción de servilleteros personalizados sempre confeccionados con fío.
- Dimensións: 12cmX12cm.
- Bases: madeira, xa que se trata dun obxecto tridimensional e non admite outro formato.
O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade de cada persoa. Por iso, para que desfrutes dunha velada formidable propómosche personalizar o servilleteiro completamente ó teu gusto, así podes adaptalo o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!
BENEFICIOS:
- Singularidade: fusión de arte e funcionalidade nun elemento artesanal único.
- Distinción: a beleza e elegancia desta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Perfecto como agasallo ou para ocasións especiais.
PREZO: 12€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España).
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!