Si, como ben acabades de ver no título deste artigo, rematamos o curso dos obradoiros de “Fiando Igualdade” do Centro Cívico As Termas (Ourense). E a verdade é que sinto nostalxia, vou votar moitísimo de menos as nosas risas e argalladas. Pero tamén sinto un profundo agradecemento a estas mulleres que compartiron comigo as vivencias destes meses. O luns xa se convertera nun día especial, pois había que reservar a tarde para ir o centro cívico. Pena que rematase!
Non quixera espallarme moito neste artigo, xa que sobran as palabras para explicar que estas xornadas deron moito de si, podedes comprobar os magníficos resultados nas fotos. Obviamente fomos incrementando a dificultade na confección de cada deseño, pero síntome orgullosa de ter auténticas artistas de alumnas! Tamén vou aproveitar estas liñas para reivindicar a importancia destes cursos na participación cidadá, é primordial organizar actividades lúdicas, culturais e deportivas para que a cidadanía poida participar activamente na vida social. Deste xeito, tamén estamos prevendo outros problemas sociais como o illamento e a soidade. Animémonos a participar do cambio social construíndo espazos igualitarios e saudables.
Agora... solo desfrutade destes traballos artesanais!
Comments