top of page

OBRADOIRO NO FOGAR DE ALLARIZ

xogodefios

 

O 10 de decembro achegámonos ata o Fogar dos maiores de Allariz, desta volta tocou xogar na casa  E eu moi contenta de poder ensinarlles as mulleres a técnica do fiaeo. Tivemos un grupiño ben xeitoso e agarimado que confeccionaron trisqueis celtas de multitude de cores. O certo é que houbo moita diversidade de estilos de confección, estábamos un grupo de 20 mulleres e non había ningún trisquel igual! E iso encántame!!! Teño que dar as grazas a Sonia, educadora social do concello, por impulsar esta idea e convertela en actividade. Asemade, non me podo esquecer tamén de darlle as grazas a elas: o grupo de mulleres participantes. Nada disto sería posible sen a súa participación e agarimo.





0 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page