Este ano 2024 comezamos con monta Forza! O sábado 13 de xaneiro, en colaboración coa Asociación de mulleres rurais das Terras de San Mamede, organizamos un obradoiro de artesanía. A idea era que as mulleres da comarca de Maceda poidesen coñecer de primeira man a técnica do fiado a través do tacto. Bueno… neste caso, elas como foi o seu primeiro contacto coa artesanía fixemos algo de trampa e utilizaron un punzón.
Desta volta, fixemos flores nun estilo sinxelo que, por certo, quedaron ben estilosas para enmarcar. De feito, si vos fixades un chisco, a ventaxa de empregar o cartón pluma como base é que xa queda preparado para facilitar o enmarcado da obra. Tamén me gustaría resaltar que quedei realmente sorprendida da boa man deste grupo, como poderes ver cada unha fixo o seu propio combinado de cores cun resultado fantástico.
Como punto final, non podo despedirme sen dar as grazas. Teño que agradecer a alta participación e implicación esta asociación e, moi especialmente, a súa presidenta Rocio por darnos esta oportunidade. Foi unha experiencia onde todas aprendemos e compartimos unha xornada de amizade. Seguro que para a próxima vez máis e mellor!
Obradoiro Maceda.
Comments