top of page

Obradoiro con COCEMFE en Ourense

xogodefios

O pasado 17 de outubro volvemos colaborar con COCEMFE, de feito xa é a terceira vez este ano que facemos obradoiros conxuntos. Unhas colaboracións das que sempre saco un novo aprendizaxe, vou coñecendo distintas mulleres coas súas diversas realidades e entre todas tecemos redes de unión desde a discapacidade. O obxectivo non só é confeccionar deseños de fío, senón que pretendo facer visible o dobre fondo que ten o meu proxecto. Por un lado, da resposta a miña propia inclusión sociolaboral como muller con discapacidade.



E por outro lado, pretendo ser altavoz para que outras mulleres con discapacidade perdan o medo e sexa posible que participen de forma activa na comunidade.

 

Por suposto, ningún distes obradoiros sería posible sen a cooperación e disposición de Diana, a técnica de Cocemfe en Ourense. Grazas o seu traballo convertemos unha fermosa idea en realidade!

0 views0 comments

Recent Posts

See All

댓글


bottom of page