top of page

FINALIZAMOS OBRADOIRO EN A.M.R. ARRACADA (VILAR DE SANTOS)

xogodefios






 

En Xogo de Fíos terminamos o curso coa Asociación de mulleres rurais de Arracada, en Vilar de Santos, con moita emoción e orgullo polo traballo realizado durante estes meses. Foron moitas tardes compartindo fíos, creatividade e momentos inesquecibles. Recordo que cada semana tiñamos unha vivencia distinta para compartir entre todas. Foron meses de concentración mentres fiabades, dunha exposición no Museo da Limia e, mesmo, tivemos tempo para un intercambio cultural con Kuku Movil.

 

Esta foi unha edición moi intensa na que confeccionamos tres pezas de gran simbolismo cultural:

-       Unha colección de antigos barcos de madeira, que poderían representar ós primeiros fluxos migratorios cara a América.

-       Uns porquiños de flores, cheos de cor e simbolismo, sobre un prato de madeira como símbolo da nosa terra.

-       O retrato de Rosalía de Castro, como forma de homenaxear á muller que definiu Galicia marcando a nosa historia e cultura.

 

Para celebrar a última xornada, reunímonos ao redor dun café e unhas deliciosas sobremesas caseiras. Non só tiñamos que celebrar as obras terminadas, senón que os lazos de amizade que xurdiron entre nós. Grazas a todas as participantes pola vosa asistencia, semana tras semana, e polo voso entusiasmo en aprender cousas novas. O certo é que sempre o puxestes fácil.

 

Ata a próxima aventura!

 
 
 

Comentarios


bottom of page