FINALISTA NOS PREMIOS SOCIEDADE INCLUSIVA
- xogodefios
- Mar 22
- 1 min read

Sííí!!! Como ben estades lendo, este ano 2025 decidín presentar a miña candidatura aos Premios Sociedade Inclusiva que anualmente organiza COCEMFE (Confederación Estatal de Persoas con Discapacidade). Unha oportunidade única para presentar Xogo de Fíos como unha iniciativa non só de carácter artesanal, senón como un proxecto de inclusión social. Xogo de Fíos naceu para dar resposta as miñas necesidades sociolaborais como muller con discapacidade, pero agora tamén actúa como dinamizador do rural e axente reivindicativo da diversidade. Así que unha vez pasadas as primeiras fases do concurso polo xurado de COCEMFE, agora estou finalista para a votación popular. Polo tanto, gustaríame que apoiaras a miña candidatura a estes premios.
Deixo aquí o enlace para que poidas votar. https://sociedadinclusiva.es/finalistas/
RECORDA! Podes votar todos os días ata o 3 de abril.
Como membro da comunidade de Xogo de Fíos, aproveito para darvos as grazas e sempre estar hai apoiándome e facendo que todo isto sexa posible. Teño que confesarvos que, aínda que non gañe este recoñecemento, síntome moi satisfeita de chegar esta final. Para min xa supón un recoñecemento en si mesmo. Grazas por tanto!
Comments