Os días 14 e 15 de novembro, celebrouse en Bilbao o II Congreso Nacional de Emprendemento e Discapacidade (CNED). Un evento organizado pola Fundación ONCE, ASEMDIS e o CERMI que puxo de relevancia unha vez máis que as persoas con discapacidade tamén aportamos á sociedade. O certo é que en moitas ocasións, como acontece no meu caso, o emprendemento convértese na única opción laboral para as persoas con discapacidade. Unha saída tan lícita como calquera outra, pero tamén chea de esforzo e obstáculos.
O acto acudiron diversas entidades representativas da discapacidade, como multitude de emprendedores con discapacidade que puxeron en valor as súas iniciativas e proxectos. Un evento de visibilización, no que as autoridades presentes puxeron de manifesto a constancia e os esforzos de emprender; un camiño longo de percorrer pero que xuntando sinerxías vaise facendo máis comodamente.
Como foi a miña experiencia no II CNED? Aínda que teño varias palabras que poderían definila, considero que a máis representativa é “aprendizaxe”. Coñecín a moitas persoas con discapacidade que, igual ca min, decidiron emprender como única alternativa para a súa propia inclusión laboral. Encontrei proxectos interesantes cos que facer sinerxías e compartir experiencias. Realmente encontros como este fan falla e oxalá perduren no tempo.
En comunidade aprendemos máis e mellor!
Comments