top of page

Congreso nacional de CEMUDIS (Madrid)

xogodefios

Os días 29 e 30 de outubro celebrouse en Madrid un encontro nacional das distintas entidades de mulleres con discapacidade de España. Unhas xornadas estatais sobre saúde sexual e reprodutiva en mulleres con discapacidade, organizadas por CEMUDIS (Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade); as cales tiven o enorme pracer de ser invitada para representar a ACADAR (Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia).


O dereito a saúde sexual e reprodutiva das mulleres con discapacidade segue sendo un tema utópico e a súa abordaxe foi historicamente invisibilizada, o imaxinario social colócanos nunha especie de eterna infancia sen dereitos sexuais ou reprodutivos.. Esta situación incrementa as posibilidades de sufrir violencia o longo da vida e de normalizala. Por iso, estas xornadas estatais de formación e visibilización son tan importantes e necesarias. Como membro da xunta directiva de ACADAR, considero que desde o terceiro sector deberíamos seguir traballando neste ámbito para todas as mulleres e nenas poidan gozar dos seus dereitos en igualdade de condicións.

 

Quédome cunha experiencia enriquecedora de coñecer a tantas mulleres, con tantas realidades distintas que simplemente podo dicir: GRAZAS  POR TANTO!




0 views0 comments

Recent Posts

See All

Comentarios


bottom of page