O IES Universidade Laboral de Ourense é un dos máis antigos e prestixiosos institutos da cidade, moitas xeracións pasaron pólas súas aulas deixando unha pegada inquebrantable. Sen embargo, nesta ocasión queremos inverter o obxectivo para concienciar ó alumnado en materia de discapacidade, superación persoal e igualdade. Pois non só se trata de formar ó alumnado en contidos didácticos, senón que tamén mostrarlles exemplos da vida real que lles implique unha aprendizaxe práctica.
A partir desta metodoloxía educativa, o 18 de marzo acudín a darlles unha charla ó alumnado de 1º Bacharelato sobre a miña experiencia vital. Fixen especial incidencia na superación de barreiras á discapacidade, na eliminación de estereotipos e na relevancia do proxecto de Xogo de Fíos como saída laboral. Realmente sentín-me moi cómoda e o alumnado mostrouse participativo en todo momento. Tamén aproveito para darlle as grazas a Mari, a xefa de estudios do centro, por coordinar e contar conmigo para a realización desta actividade. Ata outra!
Comentários