![](https://static.wixstatic.com/media/f38a28_b2e6fe3f50ad482ba77c6eec2e0772a9~mv2.png/v1/fill/w_980,h_735,al_c,q_90,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/f38a28_b2e6fe3f50ad482ba77c6eec2e0772a9~mv2.png)
Como sempre afirmo, a mellor maneira de que a sociedade constrúa un mundo máis xusto e inclusivo para todas as persoas é mediante a sensibilización dos máis cativos. Se as novas xeracións que neste momento están a formarse, van educadas desde a igualdade e o respecto pola diversidade, nun futuro cando sexan adultos levarán a práctica esa forma de vida. Por iso, é importante achegarse os centros educativos e falarlles de primeira man sobre a discapacidade.
Nesta ocasión, concretamente o 24 de outubro, fun invitada por Eva de Cogami Ourense para falarlles ó alumnado de 1º e 2º ESO de Maceda sobre a miña experiencia en discapacidade. Eva ofreceu o seu punto de vista como traballadora social e eu como emprendedora desde o rural. Foi unha charla moi interesante na que os rapaces sentíronse moi curiosos. Grazas pola participación!
תגובות