No marco do 8M, no concello de Vilar de Santos tamén quixeron ser partícipes do cambio social e organizaron dúas xornadas do obradoiro “Fiando Igualdade”. A idea orixinal era reivindicar este día de encontro e feminismo, pero dado a apertada axenda que tiñamos nesas datas foi imposible levalo a cabo. Entón como xa estábamos fóra do contexto do 8M, cambiamos un pouco a temática do fiado e confeccionamos sinxelas bolboretas. Aínda así, debatemos sobre temas relacionados cos roles de xénero, estereotipos e igualdade na mentres fiamos. Estas mulleres teñen moito que dicir!
Como non podía ser menos, en Vilar de Santos, tamén atopei un grupo de mulleres do que sentirse orgullosa: valentes, empoderadas e con dotes artísticas natas! O certo é que coincidiron mulleres de distintas franxas de idade e, todas elas, mostraron ter paciencia e habilidade manual para confeccionar os deseños. Como podedes ver nas fotos o seu primeiro traballo é digno de mostrar.
Estou encantada de coñecervos e, como xa vos dixen, ata outra!
Comments