Este ano levamos o mural do 25N ata Vilar de Santos! As mulleres da A.M.R. Arracada levan unha tempada participando no obradoiro “Fiando Igualdade”, que ten por obxectivo a participación das mulleres do rural na vida comunitaria. Neste caso, a través de cada fiada pretendemos construír un equipo de mulleres empoderadas na igualdade. Por iso, para reivindicar o 25N fixemos un mural conxunto de loita contra a violencia machista, que dito sexa depaso é un problema social que cada ano aumenta o número de vítimas. O mural quedará exposto no local da Asociación Arracada durante todo o ano.
TODAS EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA!
Comments