top of page

PEQUENAS FIADAS PARA GRANDES HISTORIAS

Hoxe celebramos o Día do Libro, unha data que nos lembra o valor das historias que nos acompañan ao longo da vida. Hai libros que nos fan viaxar, aprender, emocionarnos e mesmo atopar novos xeitos de entender o mundo.

 

Con esa idea nacen esta colección de marcapáxinas artesanais. Cada un está tapizado a man, fío a fío, empregando unicamente o tacto e a habilidade manual para crear unha peza única. Pequenos detalles pensados para acompañar cada lectura e  converter un xesto tan sinxelo como gardar unha páxina nun momento especial. Porque ás veces son os obxectos máis pequenos os que gardan un significado máis profundo: unha pausa, unha lembranza ou o lugar exacto onde unha historia nos estaba agardando.

 

Neste Día do Libro, quixen unir dous mundos que me acompañan cada día: o valor das palabras e a artesanía feita coas mans e co corazón.



 
 
 

Comments


bottom of page