top of page

FINALIZAMOS OBRADOIRO EN ALGARIA

Sep 29
2 min read

Este verán Xogo de Fíos volveu á Asociación PCD Algaria, en Xinzo de Limia, para compartir cada luns un obradoiro de artesanía con 10 persoas con discapacidade. Foron 4 meses de fíos, creatividade, aprendizaxes e moitos momentos especiais compartidos polo grupo.

 

Comezamos pensando xa no Nadal e puxémonos mans á obra cun dos personaxes máis coñecidos: o reno Rudolf. Despois chegaron deseños moi variopintos: unha simpática Hello Kitty, un esquío moi traveso e unha enigmática buvela. Cada unha delas tapizada co seu propio estilo e dedicación, cada persoa deixa voar a súa imaxinación ata conseguir tapices realmente creativos.

 

Pero si tivese que escoller unha das creacións máis especiais do verán, sería sen dúbida a máscara do entroido de Xinzo. As pantallas tomaron vida propia e convertéronse nun auténtico reto para cada un dos participantes. O fío permitiunos representar unha pequena parte desta tradición tan importante para a comarca. Ver a ilusión coa que traballaron neste deseño foi marabilloso. Estes obradoiros son o espazo perfecto para compartir, conversar, rir, descubrir novas capacidades e romper coa rutina. O fío convértese nun elemento de encontro e a artesanía nunha ferramenta de participación.

 

E así chegamos o final da tempada. Para despedirnos como se merece, nesta última xornada compartimos uns cafés e un delicioso postre. Quero agradecer a todas as persoas participantes por facer que cada luns fose especial.

Foi un auténtico pracer compartir con vós outro verán!

 

·      Se formas parte dunha entidade ou empresa e che interesa contar con obradoiros artesanais, como este mesmo. Podes poñerte en contacto con Xogo de Fíos, estaremos encantadas de levar a creatividade e a maxia das nosas fiadas a novos espazos e públicos.

 


 

 


 
 
 

Comments


bottom of page