A Coruña agocha moitos segredos! Admira a grandeza e a historia da Torre de Hércules, o faro máis antigo do mundo aínda en funcionamento, deseñada e confeccionada artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.
En Xogo de Fíos buscamos reflexar o carácter sólido e atemporal deste maxestoso monumento romano, por iso empregamos tonalidades monocromáticas en gama de grises. Esta riqueza téxtil aporta profundidade e conforma un efecto visual tridimensional, que contrasta coa paisaxe lunar que está sombreada como fondo. A través de cada fiada fusionamos arte e historia, obtendo como resultado unha obra artesanal única. Se sentes verdadeira paixón polo patrimonio artístico e monumental galego, non perdas a oportunidade e escolle este icónico símbolo da nosa terra. Vive Galicia!
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina pintada coa paisaxe, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
- Dimensións: 37X24X1.5cm.
- Deseño: cadro da Torre de Hércules (A Coruña) confeccionado con fío.
- Formato: cadro enmarcado con cristal e táboa, no caso que prefiras outras bases (prato ou tablilla) recoméndase contactar.
BENEFICIOS:
- Singularidade: fusión perfecta entre arte, historia e patrimonio monumental.
- Distinción: a beleza e elegancia que transmite esta peza é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Perfecto para ti que valoras o patrimonio galego, a súa historia e agora levas este exclusivo deseño. Tamén é boa opción como agasallo.
PREZO: 39€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Se o produto chega defectuoso, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo da devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!