Coñeces a fermosa cidade de Santiago de Compostela? Descubre a beleza e o profundo significado que agocha a emblemática cruz da cidade, confeccionada artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.
Sabías que? Esta cruz é o símbolo da orde militar e relixiosa do Apóstolo Santiago, fundada no S.XII para protexer ós peregrinos no seu camiñar. Tal como a orixinal, fiamos en cor vermella, representando o martirio do Apóstolo que foi decapitado pola súa fe. Dada a importancia da cruz, converteuse nun emblema da identidade cultural de Galicia. Por iso, en Xogo de Fíos propómosche que ti tamén fíes parte da nosa historia!
CARACTERÍSTICAS:
- Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira, cola branca, verniz mate ecolóxico e pintura branca en aerosol e colgadoiro.
- Deseño: cruz de Santiago confeccionada con fío en prato de madeira.
- Dimensións: 14cm diámetro e 2cm grosor.
- Bases: polo formato do deseño empregamos un prato de madeira, pintado de branco para que resalte a cruz vermella.
BENEFICIOS:
- Singularidade: peza decorativa que combina arte e simbolismo cultural.
- Distinción: a beleza e elegancia que transmite este símbolo é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
- Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
- Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
- Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
- Ideal como agasallo trala vosa visita á cidade.
PREZO: 10€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
- Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
- Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.
Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!