top of page

 

Non perdas esta oportunidade única! Descubre a fusión perfecta entre arte e funcionalidade co noso exclusivo pack (cadro + totebag), inspirado en Frida Kahalo. Déixate seducir pola forza, valentía e paixón que caracteriza esta icónica artista mexicana. Frida, coa súa vida chea de cor e loita, convértese nunha fonte de inspiración que nos invita a ser valentes fronte as adversidades. Esta colección está pensada para ti que buscas singularidade, diferenciación e estilo en cada un dos nosos produtos.

 

Aproveita e leva a esencia de Frida ó teu terreo persoal, ti tamén podes brillar con luz propia a través destes deseños. Este pack inclúe:

  • Cadro dun dos retratos máis representativos de Frida Kahalo, confeccionado con fío por Xogo de Fíos. Empregamos tons moi coloridos e vibrantes que capturan a súa loita, estilo único e paixón pola vida. Perfecto para decorar o teu fogar.
  • Totebag de algodón da reprodución do cadro orixinal de Frida Kahalo. Resulta un complemento perfecto para levar no teu día a día: funcional, resistente e cómoda cunha clara mensaxe de inspiración que te acompañará alá onde vaias.

 

En Xogo de Fíos quixemos facer tributo ó legado artístico e cultural de Frida. Por iso, os nosos produtos ofrecen calidade e atención o detalle, pondo énfase asemade nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente. Sénteste identificada con Frida? Pois ben... este pack de cadro + bolsa non te deixará indiferente!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Material do cadro: fíos de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, base de cartolina veige, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
  • Material da totebag: bolsa de algodón con rafia, tela resistente e duradeira.
  • Dimensións: o cadro é de 21X29,7cm e a bolsa é de 40x35cm, con asa de 30cm.
  • Deseño: retrato orixinal confeccionado en fío + impresión do mesmo.

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: neste pack combinamos arte, elegancia e funcionalidade.
  • Distinción: ideal para quen busca destacar o seu estilo persoal.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, cada cadro e bolsa son un reflexo da creatividade que caracteriza a Xogo de Fíos.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecto como agasallo significativo para amantes da arte e a cultura.

 

PREZO: 49€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Se o produto chega defectuoso, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo da devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Non deixes pasar a oportunidade e consegue este fantástico pack de Frida Kahalo!

 

 

Pack Cadro de Frida Kahlo + Totebag

SKU: 46
49,00€Price
Tax Included
    bottom of page