top of page

Engade un toque de delicadeza e elegancia ó teu entorno con estas margaritas, deseñadas e confeccionadasartesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Cada flor foi confeccionada totalmente a man, coidando cada detalle e capturando a beleza simple e natural das margaritas, ata crear esta peza artesanal única. Estamos ante unha fusión perfecta entre a tradición artesanal e a simplicidade da natureza, que lle aporta vida e elegancia a calquera espazo e estilo decorativo. Asemade, a madeira branca da ese toque cálido e fresco que a converte nunha peza con encanto.

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira, cola branca e pintura, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
  • Dimensións: 22cm diámetro e 2cm grosor.
  • Deseño: margaritas confeccionadas con fío sobre prato de madeira.
  • Cores: se prefires outras tonalidades recomendamos que nos contactes.
  • Bases: polo formato do deseño empregamos un prato de madeira, pero se prefires outros formatos (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: neste deseño combinamos arte, beleza e naturalidade.
  • Distinción: a beleza e elegancia que transmite esta peza é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Ideal para quen valora a simplicidade e perfecto para calquera estilo.

 

PREZO: 25€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Se o produto chega defectuoso, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo da devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

 

 

Margaritas

SKU: 82
25,00€Price
Tax Included
Quantity
    bottom of page