top of page

🐙A poetisa e novelista galega Rosalía de Castro (Santiago de Compostela 1837 - Padrón 1885) é un referente, tanto para a nosa literatura como para o movemento feminista. Entre os seus logros destacamos que foi a primeira autora en publicar unha obra impresa en galego: Cantares galegos (1863). As súas obras foron toda unha reivindicación de principios en defensa da lingua galega, nun momento en que estaba fortemente desprestixiada. Os seus poemas e novelas tamén mostraron gran compromiso coas causas sociais. A autora, baixo unha perspectiva costumista, denunciaba as inxustizas da época, tales como o clasismo e a exclusión feminina. De feito, o poemario Follas Novas (1880) é o retrato da vida das mulleres pobres, excluídas e abandonadas en busca da igualdade e a liberdade. Por iso, non podería faltar o retrato de Rosalía de Castro na miña colección de monocromáticos. Neste caso, tomei como referencia unha das fotos máis coñecidas da escritora, dándolle un toque de cor para saír do tradicional escurantismo da época. A combinación de fíos rosados e violáceos, en contraposición ao cabelo escuro, fan unha perfecta sintonía e enchen de vida este cadro tan recoñecido. Se ti tamén apostas pola arte con fío, agora xa pode ser teu!

 

 

🇪🇸La poetisa y novelista gallega Rosalía de Castro (Santiago de Compostela 1837 - Padrón 1885) es un referente, tanto para nuestra literatura como para el movimiento feminista. Entre sus logros destacamos que fue la primera autora en publicar una obra impresa en gallego: Cantares gallegos (1863). Sus obras fueron toda una reivindicación de principios en defensa de la lengua gallega, en un momento en que estaba fuertemente desprestigiada. Sus poemas y novelas también mostraron gran compromiso con las causas sociales. La autora, bajo una perspectiva costumbrista, denunciaba las injusticias de la época, tales como el clasismo y la exclusión femenina. De hecho, el poemario Follas Novas (1880) es el retrato de la vida de las mujeres pobres, excluidas y abandonadas en busca de la igualdad y la libertad. Por ello, no podría faltar el retrato de Rosalía de Castro en mi colección de monocromáticos. En este caso, he tomado como referencia una de las fotos más conocidas de la escritora, dándole un toque de color para salir del tradicional oscurantismo de la época. La combinación de hilos rosados y violáceos, en contraposición al cabello oscuro, hacen una perfecta sintonía y llenan de vida este cuadro tan reconocido. Si tú también apuestas por el arte con hilo, ahora ya puede ser tuyo!

 

Dimensións: 29,7x21x1,5

Rosalía de Castro

SKU: 63
49,00€Price
Tax Included
    bottom of page