top of page

Déixate levar pola serenidade e maxestosidade desta paisaxe mariña presidida por un imponente faro, deseñada e confeccionada por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Dado que en Xogo de Fíos buscamos a esencia de cada obra, os distintos elementos que a conforman (mar, acantilado, faro) están confeccionados con cores naturais que aportan realismo e beleza á peza artesanal. A composición vai cobrando vida, textura e profundidade a través de cada fiada dando esa sensación de dinamismo. Ten a certeza de que este deseño inspira miradas!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina branca, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
  • Deseño: cadro de paisaxe mariña con faro confeccionado con fío.
  • Dimensións: 29,7X21X1,5cm.
  • Formato: cadro enmarcado con cristal e táboa, no caso que prefiras outras bases (prato ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte, serenidade e natureza.
  • Distinción: a beleza e elegancia deste cadro é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentabilidad co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecto para quen ama o mar e as súas paisaxes.

 

PREZO: 30€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

 

Cadro de fío de Faro

SKU: 6
30,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page