top of page

 

Coñeces a historia da capital do Miño? Déixate levar e desfruta da maxestosa Ponte Romana milenaria, icónico símbolo da cidade de Ourense, deseñada e confeccionada artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

En Xogo de Fíos pretendemos dar vida a unha obra arquitectónica que leva séculos sendo testemuña da nosa historia. A través de cada fiada, buscamos reflexar o carácter sólido e atemporal deste maxestoso monumento romano, por iso empregamos tonalidades terra e ocres. Esta combinación de monocromáticos aporta profundidade e conforma un efecto visual tridimensional, que contrasta coa paisaxe de fondo. A fusión entre arte e historia, danos como resultado esta obra artesanal única. Sente orgullo de Ourense!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina pintada coa paisaxe, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
  • Dimensións: 34X22X1.5cm.
  • Deseño: cadro da Ponte Romana de Ourense confeccionado con fío.
  • Formato: cadro enmarcado con cristal e táboa, no caso que prefiras outras bases (prato ou tablilla) recoméndase contactar.

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: fusión perfecta entre arte, historia e patrimonio monumental.
  • Distinción: a beleza e elegancia que transmite esta peza é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecto para ti que valoras o patrimonio galego, a súa historia e agora levas este exclusivo deseño. Tamén é boa opción como agasallo.

 

PREZO: 39€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Se o produto chega defectuoso, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo da devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

 

Cadro da Ponte Romana de Ourense en fío

SKU: 25
49,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page