top of page
xogodefios

XUNTANZA DE MULLERES RURAIS

A Asamblea da ONU declarou o 15 de outubro como o Día Internacional das Mulleres Rurais, incluídas as de comunidades indíxenas e as que teñan discapacidade, así desde 2008 é un día de xuntanza e reivindicación. O obxectivo é facermos visibles na sociedade e buscar o empoderamento socio-económico e político de todas, apoiándo a nosa participación plena e igualitaria na toma de decisións en todos os niveis. A sociedade ten pendente o recoñecemento da labor levada a cabo polas nosas antepasadas; mulleres que saíron adiante coa Forza dunhas auténticas guerreiras, mulleres valentes e loitadoras. Ahora tócanos a nós seguir o seu legado e visibilizar a importancia do traballo que desempeñamos desde o entorno rural.

Este ano tiven a enorme sorte de ser convidada a “Xuntanza de mulleres rurais 2023”, celebrada no Pazo de Congresos de Melide (A Coruña). Unha xornada de xuntanza de máis de 400 mulleres de toda Galicia e impulsada pola Asociación Alecrín de mulleres rurais da comarca de Melide. Foi un acto, con distintas actividades e mostras de artesanía, no que poidemos compartir experiencias vividas e tecer redes de contacto e cooperación.A Asamblea da ONU declarou o 15 de outubro como o Día Internacional das Mulleres Rurais, incluídas as de comunidades indíxenas e as que teñan discapacidade, así desde 2008 é un día de xuntanza e reivindicación. O obxectivo é facermos visibles na sociedade e buscar o empoderamento socio-económico e político de todas, apoiándo a nosa participación plena e igualitaria na toma de decisións en todos os niveis. A sociedade ten pendente o recoñecemento da labor levada a cabo polas nosas antepasadas; mulleres que saíron adiante coa Forza dunhas auténticas guerreiras, mulleres valentes e loitadoras. Ahora tócanos a nós seguir o seu legado e visibilizar a importancia do traballo que desempeñamos desde o entorno rural.

Personalmente, considero que foi unha experiencia única e productiva na que lles presentei brevemente o proxecto de Xogo de Fíos. Pois eu son unha muller do rural, emprendedora e con discapacidade, que considero que vivir e traballar no rural non é imposible. O que si se necesita encarecidamente son políticas públicas que axuden a desenrolar os proxectos rurais, para que todas as persoas que deciden apostar polo rural teñamos as mesmas oportunidades. Trátase de que sumemos sinerxias.

Como xa citei anteriormente, teño que agradecer en maiúsculas a Aurora, presidenta de Alecrín, por contar conmigo neste acto tan especial para min. Non teño palabras para describir o que sentín coa aguación final e o acollemento que me mostraron, foi emocionante! Incluso quedei sorprendida co agasaio dun ramo de flores e unha estatuiña. Van directos para a tenda!

0 views0 comments

Recent Posts

See All

コメント


bottom of page