top of page
xogodefios

OBRADOIRO ARTE DE MAN



Este domingo 10 de setembro, como xa é costume nestes últimos anos, o concello de Allariz organiza unha xornada de artesanía: o mercado Arte de Man 2023. Un día no que a vila alaricana acolle a centos de visitantes que non queren perder esta cita coa verdadeira artesanía e con aqueles ofícios tradicionais da nosa terra. Un día no que o único realmente importante é deixarse levar pola maxia de cada expositor.

Neste marco de xúbilo e bo facer, enmarcamos o obradoiro infantil Arte de Man 2023. Para min supón unha oportunidade realmente única, xa que ten un significado especial poder impartir un obradoiro de fío no meu concello. Desta volta decidín levar a cabo unha pequena innovación: os pequenos traballaron directamente sobre tablillas. E como podedes comprobar, quedou espectacular!!! Os debuxos sinxelos e claros son os máis recurridos para a primeira toma de contacto con esta técnica artesanal, especialmente tratándose dos máis cativos.



De feito, tivo tan boa acollida que dos 10 participantes iniciais, dobrouse a cifra de asistencia e menos mal que levaba tablillas sobrantes 😉 Todo un éxito!!! Gustaríame aproveitar este intre para agradecer á área de Promoción Económica do concello que contaran conmigo para este evento e, tamén moi especialmente, a todos os nenos e nenas que decidistes vir aprender algo máis. Apertas!

0 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page