Este xoves tiven a gran sorte de ser convidada pola Escola Profesional de Santo Cristo (Ourense) para impartir unha charla de emprendemento. E digo “sorte” porque este tipo de charlas non son habituais con esta temática en concreto, especialmente porque as charlas que eu suelo dar tratan sobre discapacidade ou empoderamento. Pero grazas á idea de Clara e do profesorado do centro todo foi posible. Este acontecemento xurdiu de pronto, debido a que o alumnado do ciclo de farmacia está a facer un traballo de investigación, no que teñen que atopar talentos emprendedores. Neste contexto, Clara decidiu facer o seu traballo sobre min e o proxecto de Xogo de Fíos, xa que lle resultaba increíble a miña traxectoria persoal e profesional.
Cando me deu a noticia, non podía créelo. Foi a primeira vez que vivín un momento así!!! Por suposto aceptei este novo reto e ahí estou, diante de 40 persoas, contando as vivenzas e obstáculos do meu camiño ata crear e visibilizar Xogo de Fíos. Como lle dixen ó alumnado, non é doado emprender porque hai moitas barreiras que ir superando pero a idea é ir medrando pouco a pouco; sen presa pero sen pausa. Eu síntome orgullosa do meu proxecto, de crear algo da nada, pero por enriba de todo síntome autorrealizada de ir conseguindo os meus propios obxectivos.
Imaxino que neste momento vos estaredes preguntando, quen é Clara? Pois ben, eu solo podo decir que é unha rapaza estupenda, participativa e temos a gran sorte de tela como veciña. Con estas palabras quería agradecerche a túa idea de convidarme ó acto e de terme sempre presente. GRAZAS!
Hozzászólások