top of page

Non perdas esta oportunidade única! Descubre a perfecta combinación entre tradición e arte galega, a través desta colección de mulleres rurais deseñadas e confeccionadas artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Identifícaste co rural? Es unha muller do rural? Seguramente coñeces a moitas mulleres que tiveron que traballar á terra, coidar ao gando e sacar adiante á familia. Mulleres valentes, loitadoras e fortes ás que hoxe rendemos tributo. Por iso, en Xogo de Fíos fiamos unha especial homenaxe ás nosas bisavoas, avoas ou nais a través desta exclusiva colección das 3 mulleres rurais. A base de madeira natural, en combinación coa confección manual, aporta autenticidade capturando a esencia do noso pasado e resalta o traballo artesanal destas obras.

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira natural, cola branca de madeira, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
  • Deseño: 3 mulleres rurais confeccionadas con fío sobre base de madeira natural.
  • Dimensións: cada prato mide 20cm diámetro e 2cm grosor.
  • Bases: polo formato dos deseños empregamos madeira, pero no caso que prefiras outras bases (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, nome...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: pezas decorativas que combinan arte, tradición e cultura.
  • Distinción: a elegancia e sentimento que transmiten estas obras é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase de 3 obras confeccionadas totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Ideal como agasallo para ás persoas que valoran o rural.

 

PREZO: 55€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

 

Colección mulleres rurais sobre pratos de madeira natural

SKU: 51
55,00€Precio
Tax incluido
    bottom of page