top of page

¡Hola!

MEU NOME É
LORENA QUINTAS REJO

Para que comprendas mellor como xorde o proxecto Xogo de Fíos, é necesario que coñezas algo da miña historia personal.

Desde muy pequeña levo loitando cunha artrite que nos últimos anos me provocou unha diversidade funcional visual total, polo que tiven que adaptar a miña vida ás novas condicións. Asistín aos cursos de traballos manuaies da ONCE, unha proposta que supuxo para min un lugar de calma e de paz nun momento tan difícil no que me atopaba.

 

Naqueles cursos coñecín unha actividade que, desde el primero momento, me cautivou, e que consiste en debuxar con fios utilizando como base un anaco de tela, papel ou madeira. Atopei nese traballo manual un espazo que me permitía ser libre e no que podía desenvolver toda a miña creatividade.

Moi pronto, aquel deseño con fíos converteuse nunha afección, nunha paixón e, co paso do tempo, nunha profesión á que hoxe dedico unha parte moi importante da miña vida. Así xurdiu o proxecto Xogo de Fíos.

A miña, como a de tantas outras persoas, é unha historia de loita persoal coa que tamén quero demostrar que ningunha barreira pode impedirnos acadar os nosos obxectivos. Si, xa sei, non sempre é doado loitar por iso. Pero estou absolutamente convencida de que con constancia e cunha actitude positiva podemos chegar á meta.

Se ti, igual ca min, tes algún tipo de discapacidade, non te rendas e loita polos teus soños. E se coñeces a alguén que estea nesta mesma ou nunha situación parecida, transmítelle esta mensaxe: querer é poder, e as únicas limitacións son as que cada un ten na súa cabeza.

acerca_de

¿Que é Xogo de Fíos?

Xogo de Fíos é un proxecto ilusionante, cheo de amor e de vida, no que mostro o resultado do meu traballo deseñando con fíos sobre superficies de tea, papel ou madeira. Aínda que levaba máis tempo traballando, foi no ano 2016 cando decidín mostrar as miñas obras ao público.

O nome Xogo de Fíos fai referencia a que, para min, máis ca un traballo, é un xogo que cada día, en cada obra, pon a proba a miña creatividade. Iso si, fan falta boas doses de paciencia e dedicación para que manexar os fíos pase de ser unha actividade difícil, que require moita destreza, a algo agradable e moi entretido.

As ferramentas que utilizo para a elaboración de cada deseño son, unicamente, a habilidade manual e o tacto. Aínda que ofrezo distintos tipos de produtos, os que me identifican son os cadros; non só pola súa técnica innovadora, senón pola súa beleza, sinxeleza e estilo propio, cos que pretendo mostrar ao mundo outro modelo de decoración.

O punto de partida de cada obra é sempre un debuxo ou unha fotografía, sobre a que se perfila e se enche con fíos de cores seguindo a liña do perfilado. O deseño debe quedar sen ocos e uniforme, polo que son necesarias moitas horas para conseguilo. As claves do éxito son a paciencia e a constancia. E o meu obxectivo é conseguir que esta innovadora técnica artesanal chegue a decorar o teu fogar.

Todos os produtos ofrecidos por Xogo de Fíos son deseños únicos elaborados a man, coa creatividade e o sentido do tacto como principais protagonistas. Convídote a seguir navegando pola web e a visitar a nosa tenda; moi especialmente, a sección “Ao teu gusto”, onde poderás ver exemplos de deseños personalizados e, se o desexas, pedir o teu propio deseño, que será feito á medida e especialmente para ti.

Logo xogo de fios
bottom of page