top of page

Descubre esta exclusiva e simpática figura do polvo gaiteiro no que se combina arte, cultura e tradición galegas, deseñado e confeccionado artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Sentes esa conexión máxica coa música tradicional galega? Degustaches a gastronomía galega? Queres formar parte da nosa esencia? Esta peza artesanal única fusiona todos os elementos que conforman Galicia:

  • Unha tradición e cultura musical arraigada desde séculos, que viaxa no tempo a través do inconfundible son das nosas gaitas.
  • Unha cultura gastronómica envexable no mundo enteiro, na que o polvo das augas galegas destaca pola súa calidade e sabor.
  • Unha tradición artesanal e artística que perdura xeracións e, a cal, hoxe rendemos homenaxe a través desta peza fiada totalmente a man.

 

Na conexión entre os distintos elementos culturais radica o éxito, por iso, atendemos minuciosamente a cada detalle da súa confección. Asemade, a base de madeira natural, sobre a que tradicionalmente se degusta o polvo na feira, aporta autenticidade e resalta o traballo artesanal que hai detrás da obra. Leva contigo a música e a cultura galega a través deste pulpiño gaiteiro que reflexa a alma da nosa terra. De feito, nos últimos meses está a converterse nun dos deseños de maior éxito de Xogo de Fíos!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, prato de madeira natural, cola branca de madeira, verniz mate ecolóxico en aerosol e colgadoiro.
  • Deseño: pulpiño gaiteiro confeccionado con fío sobre base de madeira natural.
  • Dimensións: 18cm diámetro e 2cm grosor.
  • Cores: podes personalizar as cores da gaita.
  • Bases: polo formato do deseño empregamos madeira, pero no caso que prefiras outras bases (cadro ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, nome...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte, tradición e cultura.
  • Distinción: a elegancia e simpatía que transmite esta obra é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Ideal como agasallo para quen ame a cultura, gastronomía e arte galegas.

 

PREZO: 15€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

Pulpiño Gaiteiro sobre prato de madeira natural

SKU: 53
15,00€Price
Tax Included
    bottom of page