top of page

Explora a beleza atemporal desta bolboreta en elegantes tons sepia sobre unha espiga natural, deseñada e confeccionada artesanalmente por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanal de fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

Cada fiada que conforma esta obra pretende capturar a esencia da natureza nunha gama cromática sepia, que evocan delicadeza e sofisticación. En Xogo de Fíos buscamos que o deseño transmita unha sensación vingtage e clásica, logrando un acabado detallado e único. Asemade, a espiga natural engade un elemento orgánico que conecta a artesanía coa natureza, outorgándolle ese toque de serenidade e calma.

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina branca, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
  • Deseño: bolboreta confeccionada con fío sobre espiga natural.
  • Dimensións: 29,7X21X1,5cm.
  • Cores: se prefires outras tonalidades, recomendo contactar.
  • Formato: cadro enmarcado con cristal e táboa, no caso que prefiras outras bases (prato ou tablilla) recoméndase contactar.

 

O TEU GUSTO: en Xogo de Fíos creemos na individualidade, na singularidade e na creatividade; por iso tes opción de personalizar (deseño, cor, tamaño, base, nome...) para que se adapte perfectamente o teu estilo. Contáctanos para converter a túa idea en realidade!

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina o natural co artesanal.
  • Distinción: a beleza e elegancia que transmite este cadro é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Ideal para quen busca naturalidade, elegancia, sobriedade e armonía.

 

PREZO: 30€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

Cadro de bolboreta con espiga natural

SKU: 81
30,00€Price
Tax Included
Quantity
    bottom of page