top of page

Descubre a maxia deste fermoso atardecer na praia, na que unha nena e o seu cabalo están desfrutando dunha marabillosa paisaxe do ocaso, deseñado e confeccionado por Xogo de Fíos. Trátase dun proceso de creación realmente singular, no que tan só intervén a habilidade manual e o tacto que posúe Lorena para dar maxia a cada deseño. Esta técnica artesanalde fiado basease na creatividade e a diferenciación do produto; sempre con énfase nos valores transversais de igualdade, inclusión das persoas con discapacidade e a sustentabilidade co medio ambiente.

 

En Xogo de Fíos propuxémonos o reto de fiar unha imaxe a contraluz! Puidemos comprobar que, a pesar de que unicamente empregamos cor negra para tapizar, o contraste coas tonalidades douradas do ocaso resulta unha composición case máxica. As figuras perfectamente definidas da nena e o cabalo aportan o realismo necesario para que esta obra artesanal brille con luz propia. A través de cada fiada, queremos transportar o espírito de liberdade e romanticismo que nos evoca directamente o teu fogar. Tan só déixate levar!

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Materiais: fío de finca (algodón 100%), cinta de dobre cara, cartolina da paisaxe, enmarcado con cristal e tablilla, inclúe colgadoiro.
  • Deseño: cadro dunha nena co seu cabalo nun atardecer confeccionado con fío.
  • Dimensións: 37X28X1,5cm.
  • Formato: polas dimensións do deseño, recoméndase cadro enmarcado con cristal e táboa, pero se prefires outro tamaño ou base contáctanos.

 

BENEFICIOS:

  • Singularidade: peza decorativa que combina arte moderna e romanticismo.
  • Distinción: a beleza e elegancia deste cadro é innegable, pero o verdadeiro valor engadido do produto radica na confección a través do tacto.
  • Proceso manual: trátase dunha obra confeccionada totalmente a man, sen que medie ningún tipo de maquinaria. O tacto é o instrumento de traballo.
  • Referente artístico: atendemos minuciosamente cada detalle do proceso, sendo conscientes da dedicación que implica esta técnica e ofrecemos a opción de personalizar sempre que sexa posible.
  • Sustentable co medio ambiente e de calidade en canto a materiais e servizos.
  • Perfecto para amantes da arte contemporánea. Vive o distinto!

 

PREZO: 39€ (IVA incluído) + gastos de envío a toda España.

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:

  • Debido a ruptura do produto ou mala calidade do mesmo, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores á súa recepción, asumindo desde Xogo de Fíos o custo de dita devolución.
  • Se o cliente rexeita o produto por motivos persoais, aceptamos devolucións nos 14 días naturais posteriores a recepción do mesmo, asumindo o cliente dito custo.

 

Valora cada peza como unha obra única de arte inclusiva!

Cadro da nena e o seu cabalo nun atardecer costeiro

SKU: 26
39,00€Price
Tax Included
    bottom of page