top of page

XOGO DE FÍOS XA É MARCA REXISTRADA


 


ree

O Mes de maio de 2025 quedará pa sempre gravado no meu corazón! Hoxe teño o enorme pracer de comunicarvos que Xogo de Fíos xa é oficialmente marca rexistrada pola OEPM (Oficina Española de Patentes e Marcas). Detrás desta nova hai moito máis que un mero trámite legal, hai unha historia de case seis anos de traxectoria laboral e persoal. Para min, este recoñecemento supón unha meta alcanzada e unha homenaxe á artesanía feita desde a diversidade, unha valoración dun produto único e distintivo.

 

Como muller con discapacidade física e visual, este percorrido estivo cheo de retos por superar. Tiven que adaptarme a circunstancias extraordinarias, loitar por unha maior visibilidade e ir superando barreiras e prexuízos socio-laborais. Pero tamén debo recoñecer que está sendo unha viaxe chea de aprendizaxe, de encontros con persoas marabillosas e de novas aventuras artesanais. O rexistro da marca significa protexer todo este esforzo, todos os deseños creados, cada fiada coa súa historia. Pero sobre todo é un grito de orgullo, unha reivindicación á inclusión das persoas con discapacidade.

 


ree

Grazas a quen me acompañastes desde o comezo e crestes en min sen dubidalo, especialmente á familia e amigos. Por todo ese apoio incondicional, polas horas o meu carón axudándome e pola paciencia. Tampouco me quero esquecer de vós, comunidade, que me dades o voso apoio diariamente e valorades constantemente o meu traballo. Desde logo é de agradecer!

 

Este pequeno-gran logro tamén é voso! Mil grazas!

 

 
 
 

Comments


bottom of page