FIANDO IGUALDADE NA UNIVERSIDADE DE VIGO

Novamente tiven a oportunidade de ser invitada pola Universidade de Vigo (Campus As Lagoas de Ourense) para compartir a miña experiencia co alumnado de 2º de Traballo Social, dentro da materia de Servizos Sociais Especializados.
Falamos sobre o valor dos talleres de artesanía como ferramenta de intervención social, empoderamento e inclusión. Durante o encontro abordamos a importancia de dinamizar grupos de mulleres, xerar espazos de encontro e favorecer a participación, a autoestima e o desenvolvemento privado a través de actividades creativas. Tamén reflexionamos sobre o papel que desempeñan estas iniciativas no medio rural, onde crear espazos de convivencia, aprendizaxe e apoio mutua pode resultar especialmente importante para as mulleres.
Esta actividade enmárcase no proxecto “Fiando Igualdade: empoderamento a través do arte”, unha iniciativa desde la que levo os meus talleres de artesanía a diferentes entidades sociais e centros educativos.
Para min é especialmente enriquecedor poder achegar estas experiencias á universidade e compartir con futuros profesionais do ámbito social unha perspectiva baseada na miña propia traxectoria. Coñecer realidades diferentes, escoitar experiencias en primeira persoa e cuestionar os estereotipos son aspectos fundamentais para construír unha intervención social máis próxima, consciente e inclusiva.
Quero agradecer ao profesorado da Universidade de Vigo a invitación e, especialmente aos dous grupos de estudantes de segundo de Traballo Social pola súa atención, participación e interese durante a actividade.
Se formas parte dunha entidade ou empresa e interésache contar con talleres artesanais, como leste. Podes poñerche en contacto con Xogo de Fíos, estaremos encantadas de levar a creatividade e a maxia das nosas fiadas a novos espazos e públicos.



Comments