top of page

VISITANDO A FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS

Onte tiven o enorme pracer de visitar a facultade de Ciencias Sociais de Ourense, concretamente ó alumnado de segundo curso do Grado de Traballo Social, para compartir a miña experiencia vital como muller con discapacidade e dependencia. Como Xogo de Fíos se converteu nun proxecto vital que supera todas as barreiras.


ree

 

Dada a situación de discapacidade e dependencia que vivo desde que son cativa, obviamente a traxectoria persoal e profesional non foi doada. Xogo de Fíos naceu como unha forma de auto-emprego artesanal, pero tamén como un proxecto vital co que acadar a miña propia inclusión sociolaboral. A través do tacto, a creatividade e a habilidade manual encontrei unha vía para expresarme, crear e construír autonomía.

 

ree

Durante esta charla, conversamos sobre como cambiou a mirada cara a discapacidade desde que era nena ata a actualidade. Ben é certo que aínda quedan moitos fíos por entrelazar, moitas barreiras e estigmas por derribar na sociedade, pero tamén é certo que avanzamos de xeito progresivo. Hoxe existe máis conciencia social, máis espazos plurais e diversos pero a inclusión implica igualdade de oportunidades. Isto non debemos esquecelo. Este grupo mostrou gran interese e empatía pola miña historia, o cal éncheme de orgullo e esperanza. En definitiva, o obxectivo é inspirar novas xeracións de profesionais comprometidos coa inclusión. Por que ó final, Xogo de Fíos non só trata de artesanía, senón que tamén de resiliencia e de tecer redes humanas que transformen realidades.

 

Grazas por esta invitación e a todas as persoas que cren neste proxecto!

 

 
 
 

Comments


bottom of page