O luns 22 de maio volvemos ter visita na tenda de Xogo de Fíos, pero esta vez tocoulles aos máis cativos. O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, aproveitando a visita programada aos Castros de Armea, decidiron baixar polo Camiño de Santiago ata Outeiro de Laxe e así coñecernos. Nunca tantos nenos e nenas chegaran xuntos ao pobo! Acordeime da infancia de meus avós e das lembranzas que me contaban de cando eles eran cativos, como estes pequenos que hoxe temos correteando por aquí.
Dado que era un grupo bastante numeroso, pois viñeron sobre 60, decidimos facer dous grupos pequenos para que prestasen máis atención e fose máis amena a intervención. Expliqueilles brevemente a miña historia, a importancia de visibilizar e integrar ás persoas con discapacidade na sociedade e fixemos varios xogos de identificación de sons para que poidesen participar todos. O que non sabían era a sorpresa que lles agardaba ao final: chupa-chups!!! Xa sei que non é o mellor regalo do mundo e que teñen moitisimo zucre, pero na miña defensa direi que despois de facer unha ruta de 4kms tiñan merecido un pouco doce!
Pola miña parte, foi un auténtico orgullo mostrarvos as miñas obras e solo me queda agradecer ao equipo directivo por terme en conta para esta actividade. Sin dúbida, solo definir esta xornada como enriquecedora e moi satisfactoria. Ata pronto!
Comments