top of page

UN OBRADOIRO INMERSIVO

Que tarde tan especial en Xogo de Fíos!

 

O pasado venres 27 de xuño organizamos un obradoiro artesanal para adultos na miña tenda: Xogo de Fíos (Outeiro de Laxe, Allariz). Noutras ocasións tiña organizado eventos para crianzas pero, para ser a primeira vez con adultos, o resultado foi incrible. Participaron 4 mulleres, non tiñan experiencia previa no fiado a través do tacto pero a vivencia mereceu a pena. O obxectivo destes obradoiros non só é aprender unha nova técnica artesanal, senón que tamén dar a coñecer o entorno e historia no que xurde Xogo de Fíos, así como a dinamización das áreas rurais.

ree

 

Xuntas creamos fermosos tapizados de fío, neste caso andoriñas xa que agora no verán abondan por estes lares. Por suposto, en Xogo de Fíos aportamos todo o material necesario xa que o importante é vir con moitas gañas. Pero non confeccionamos unhas andoriñas tradicionais, intentamos darlle cor e alegría empregando multitude de tons para representar a diversidade cultural e artística. Como xa sabedes, cada persoa ten a súa propia creatividade e expresión artística. Polo que, desde Xogo de Fíos pretendemos que cada participante deixe voar a súa imaxinación con liberdade. Todas as propostas fiadas son válidas!

 

Pasamos unha xornada de moita parola, risas e experiencias compartidas. Ata tivemos uns intres para degustar unhas rosquillas e un café! Para que o obradoiro resulte máis dinámico e inmersivo coa discapacidade, nesta ocasión propúxenlle un reto: tapar os ollos. Unha auténtica experiencia sensorial para agudizar os sentidos. A dificultade que atoparon para fiar sen a vista converteuse nun exercicio de empatía, pois considero importante que as participantes coñezan as miñas limitacións para entender o valor engadido que define a Xogo de Fíos.

 

Bueno... penso que o resultado destas obras fiadas, podedes comprobalo vos mesmos. Quedou precioso! Unhas auténticas artistas!!!

ree

 

Finalmente, só podo agradecer a vosa confianza en min e a asistencia ao obradoiro. Fíxome unha enorme ilusión recibirvos na tenda e compartir a tarde na vosa compaña. GRAZAS!

 

ree

Proximamente informarei de máis eventos. Estade atentos!

 

 

 
 
 

Comments


bottom of page