top of page

UN NOVO RETO PARA XOGO DE FÍOS

ree

 

En Xogo de Fíos encántanos aceptar novos desafíos e, sen ningunha dúbida, a confección deste deseño foi un deses retos especiais. Con paciencia e moitas horas invertidas puiden tapizar con fío esta imaxe da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, pola cal sinto tamén un cariño moi especial xa que é a patroa do pobo onde nacín. Teño que recoñecer que non foi sinxelo, este tipo de deseños son moi complexos de tapizar debido a súa ornamentación e atención ao detalle, pero o cariño posto para a persoa destinataria fixo a súa maxia.

 

ree
ree

As distintas tons do fío van xogando coas luces e sombras dunha imaxe tallada en madeira, unha historia que se fía de xeración en xeración. Agora luce fermosa e elegante na ponte de mando do J.L., o barco mexilloneiro de Fran, protexendo á tripulación que diariamente traballa as bateas da ría de Arousa.


ree

 

En Vilanova de Arousa, este sábado celebrouse a tradicional procesión marítima da Virxe do Carme, na que todos os barcos do pobo saen xuntos para renderlle homenaxe e realizan unha ofrenda floral á Virxe. Realmente é un momento máxico e cargado de sentimento! Neste contexto tan emotivo, Fran abriu o paquete do cadro e a súa reacción foi emocionante xa que quedou totalmente abraiado pola beleza do deseño. Tal foi así que mostrou o cadro tapizado ás máis de 50 persoas que estaban no barco! Para min estes xestos espontáneos son o máis importante que temos as persoas, esa autenticidade e cariño sincero que demostra o verdadeiro valor da amizade.


ree

 

Desde Xogo de Fíos, aproveito para dar as grazas a Rebeca e Fran pola oportunidade de plantexar este reto, pero sobre todo pola agarimosa acollida coa que nos recibistes.

Coido que o desafío pagou a pena!

Apertas!

ree
ree

 


 
 
 

Comments


bottom of page