UN NOVO ANO PARA SEGUIR TECENDO SOÑOS
- xogodefios
- Dec 31, 2025
- 1 min read

A fin dun ano sempre nos leva a mirar o camiño percorrido, a votar a ollada cara atrás e comprobar se aprendemos ou pola contra se retrocedemos. En Xogo de Fíos cada obra conta unha historia, e este ano estivo cheo de aprendizaxes, retos creativos e novas oportunidades. Afrontei desafíos artísticos nunca antes imaxinados, coñecín xente marabillosa e asistín a diferentes eventos que visibilizan o proxecto. Todo isto faime medrar como persoa e como artesá, facendo posible outra forma de traballar. Unha baseada no tacto e na inclusión, non nas limitacións.
O novo ano ven cheo de enerxía e positividade para seguir tapizando, fío a fío, obras que se converten en arte. Pero isto é posible só GRAZAS A VOS! Grazas polos apoios recibidos! Grazas por construír comunidade! Por un ano máis!
Os meus mellores desexos para o novo ano, FELIZ 2026!!!



Comments