top of page

TECENDO REDES DESDE O RURAL

Hai uns días tiven a oportunidade de participar no Speed Networking Empresarial, organizado polo Polo de Emprendemento de Verín (Xunta de Galicia). Un encontro pensado para conectar, compartir e seguir tecendo redes entre proxectos locais. Iniciativas todas elas que, como Xogo de Fíos, naceron do amor polo que facemos e pola terra na que vivimos.

 


Foi unha xornada chea de inspiración e boas conversas, na que coñecín persoas emprendedoras moi diversas pero cun obxetivo común: as gañas de dinamizar ó rural, de darlle vida e valor ós nosos pobos. Quero dar as grazas a Ánxela Torres, Brais Fidalgo e Dani Dieguez por facer posible este espazo tan enriquecedor e por amenizar esta xornada. O tempo voou entre ideas, sinerxías e ilusións compartidas. Desde Xogo de Fíos, levo comigo a ilusión de seguir aprendendo, conectando e soñando con novos camiños cos que seguir tecendo. Cada fío conta e cando se entrelazan proxectos e persoas, o tecido emprendedor do rural faise máis forte.

 

ree

 

 
 
 

Comments


bottom of page