top of page

TECENDO INCLUSIÓN CON COCEMFE

Para continuar cun mes de outubro cargado de proxectos e novas ideas, contamos co apoio de COCEMFE para levar a cabo un obradoiro de Xogo de Fíos en Ourense. Grazas á estimable colaboración e organización de Diana, a técnica de Ourense, esta realidade fíxose posible unha vez máis. Nesta ocasión o obradoiro estaba dirixido a 8 mulleres con discapacidade, cuxo obxectivo sempre vai más alá da aprendizaxe da técnica de fiado.


ree

 

Foron unhas horas cheas de emoción, aprendizaxe e conexión compartidas. Cada unha das mulleres participantes ten a súa historia, os seus retos e a súa forza que se mesturan para fiar unha experiencia común. A través dos fíos, as texturas e o tacto fomos tapizando un espazo de encontro, confianza e empoderamento no que a artesanía converteuse no fío condutor desta xornada.


ree

 

Para este obradoiro decidín levar un deseño sinxelo dunha seta, un motivo que encaixa perfectamente con esta época outonal. Un tempo de cores cálidas, olor á terra húmida e renovación. Cada seta resultou única, diferente e exclusiva como as mans que a crearon. Mentres cada muller confeccionaba o seu deseño, aproveitamos para falar de todo un pouco: da importancia de crer en nós mesmas, nas nosas capacidades, de transformar as limitacións en oportunidades e da relevancia da inclusión para o noso colectivo. Deste xeito, a arte pode ser unha ferramenta poderosa de inclusión e expresión persoal.

 

ree

Aínda que o máis enriquecedor de todo o proceso é que xuntas seguimos fiando redes de apoio, creatividade e sororidade. Grazas de novo a COCEMFE por brindarme esta oportunidade e a todas as mulleres que participaron. Pola súa entrega e gañas de aprender!

 

 
 
 

Comments


bottom of page