Desde o equipo formativo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense decidiron formar en materia de discapacidade ó alumnado de enfermería. Aínda que os contidos médicos son fundamentais, é preciso que os futuros profesionais da sanidade teñan coñecementos transversais no tratamento de persoas con discapacidade. Polo que, o xoves 1 de febreiro, xunto con outras persoas con distintas discapacidades fomos explicarlles as dificultades que atopamos nos centros sanitarios. A verdade é que foi unha xornada de aprendizaxe en común.
Pola miña banda, recalquei a importancia de que o personal sanitario debe explicar os pasos que vai seguir na mentres se atende a unha persoa cega, moitas veces vale máis a amabilidade e a empatía médica que a proba en sí. Tamén sinalei que, polo xeral, nas áreas sanitarias hai moi poucas prazas de aparcamento reservadas á mobilidade reducida. Polo que, na maioría das ocasións non chegamos tarde porque non queremos, senón pola casuística do entorno.
Sara, a invitada que representaba ás persoas con discapacidade auditiva, e Argentina, representante das persoas con sensibilidade química múltiple, tamén fixeron visibles as problemáticas que xurden nos hospitais. En calquera caso, o noso obxectivo é concienciar ós profesionais sanitarios para que teñan unha visión empática coa discapacidade.
Grazas a Belén, e o resto do equipo de formación do Sergas, por darnos a oportunidade de charlar con este grupo de alumnas/os e poder explicarlles en directo as nosas realidades.
Comments