top of page

SEMANA DA DISCAPACIDADE NAS ESCOLAS

Esta semana con motivo do 3 de decembro, Día Internacional da Discapacidade, tiven a sorte de facer un pequeno percorrido por algunhas das escolas da cidade de Ourense (CPR Divino Maestro, CEIP Manuel Sueiro, Carmelitas e CEIP As Prácticas). Unha actividade patrocinada pola consellería de educación do concello de Ourense. A idea era ofrecer ás crianzas unha experiencia única sobre diversidade, creatividade e inclusión.

ree
ree
ree

 

Cada sesión converteuse nun espazo de encontro no que compartín a miña experiencia vital e o camiño que me levou a crear Xogo de Fíos. A mellor forma de que os cativos entendan as problemáticas sociais e as barreiras da discapacidade é explicarlle a pura realidade. Construír unha sociedade plural, na que todas as persoas con ou sen discapacidade teñamos un lugar, é unha responsabilidade común. Logo dunha pequena charla inicial sobre este tema, cada grupo puido experimentar o proceso de creación do seu tapizado de fío. Levamos distintos deseños: flores cadradas, redondiños de nadal e cometas voadoras. Pluralidade de tapices para convivir en igualdade nun mundo diverso, a transformación dunha idea establecida no noso imaxinario por un deseño diferente. Alí voaron os fíos e medrou a creatividade! O colorido plural e diverso foi o protagonista destas xornadas.

 

E como sempre, sorprenderon coa súa creatividade e espontaneidade! Seguro que quedan estupendas colgadas na árbore! O entusiasmo foi constante, o reto que supuxo para todos tapizar cas mans ou a curiosidade de preguntarme, mantivos toda a hora coa atención posta sobre min. E sen dúbida, eu sinto cada vez máis que paga a pena compartir tempo cos cativos porque son o noso futuro.

ree
ree

ree

 

Só podo dar as grazas! En primeiro lugar ao concello de Ourense por brindarme esta oportunidade. E en segundo lugar, tanto ó alumnado como ó profesorado pola extraordinaria acollida e a ilusión coa que recibiron a actividade. Grazas por abrirme as portas! Grazas por estes días tan especiais!

·      Se formas parte dunha entidade ou empresa e che interesa contar con obradoiros artesanais, como este mesmo. Podes poñerte en contacto con Xogo de Fíos, estaremos encantadas de levar a creatividade e a maxia das nosas fiadas a novos espazos e públicos.

 

 

 

 

ree
ree

 

 

 

 

 

 
 
 

Comments


bottom of page