top of page

PREMIOS ESCUELA JUANA MILLÁN 2025


 

O pasado 19 de novembro, con motivo da celebración do Día da Muller Emprendedora, tiven o privilexio de asistir á gala  da entrega de Premios da Escuela Juana Millán 2025. Un acto celebrado no Ministerio de Igualdade (Madrid), no que se deron encontro talento, creatividade e forza feminina para dar visibilidade a pequenos emprendementos.

 

ree

Con Xogo de Fíos presenteime á categoría “Juana heroíca 2025”, destinada a destacar proxectos liderados por mulleres que desenvolven a súa labor desde o rural. E quedei primeira finalista!!! Para min, este recoñecemento é un gran paso adiante e supón o impulso de enerxía para seguir tecendo camiño. O evento foi profundamente emotivo. Tiven a oportunidade de coñecer a outras mulleres emprendedoras, creadoras de proxectos tan fermosos e valentes como Xogo de Fíos. Cada historia era unha lembranza de que, a pesar das dificultades, seguimos avanzando e transformando o noso entorno.

 

A cuestión que daba sentido a esta edición era: “Que cor lle pos á econo

mía?”

A miña resposta xurdiu desde a propia esencia de Xogo de Fíos: “Doulle cor á economía desde a creatividade dos meus deseños, porque converto as limitacións en arte e inclusión”.



ree

 


Tamén me sinto moi afortunada de poder participar na mesa redonda, xunto coas demais finalistas, onde compartimos experiencias, aprendizaxes e os retos ós que nos afrontamos diariamente como emprendedoras. Tamén aproveitei para reivindicar o papel da discapacidade en relación co emprendemento, as barreiras asociadas a esta intersección e a falta de visibilidade das mulleres coidadoras.

 

Foi unha xornada preciosa, inspiradora e motivadora. Grazas a todas as persoas que seguides e colaborades con Xogo de Fíos, porque cada recoñecemento e cada logro tamén é voso. Seguimos creando! Seguimos pondo cor á economía desde o rural!

 
 
 

Comments


bottom of page