top of page

PARTICIPACIÓN NA PASARELA SOLIDARIA ALLARIZ 2025




 

O pasado 9 de maio celebrouse a II Edición da Pasarela Solidaria de Allariz 2025, un evento anual que pon en valor o talento local e a solidariedade, celebrándose nun escenario tan especial como é o Hotel OCA Vila de Allariz. A Pasarela ten un dobre obxectivo:

-       Dar visibilidade e conectar ós distintos negocios da vila, creando sinerxías creativas e comerciais entre proxectos.

-       Recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro de Ourense, a través dos distintos sorteos realizados durante o evento coa venda de rifas.

 

Foi un serán cheo de emocións, moda, arte e compromiso social no que finalmente se recadaron máis de 3000€ para esta causa. Fomos testemuñas da presentación das novas coleccións de moda das tendas locais, da fantástica actuación da Escola de Danza Balladere ou da asistencia por sorpresa de Álvaro Martínez Leiro (gañador do Premio Nacional de Artesanía 2023). Tamén aproveito para agradecer en maiúsculas o traballo realizado polos voluntarios para que todo isto fose posible ( presentadora, modelos, fotografía, equipo musical e de son, perruquería, maquillaxe...).

 




Xogo de Fíos presenta unha innovación de vangarda!

 

En Xogo de Fíos volvemos a participar neste evento tan significativo. Este ano se cabe aínda con máis entusiasmo, xa que presentamos unha innovación revolucionaria para a técnica empregada habitualmente. Estamos a falar dun novo soporte: o téxtil, en colaboración con Teresa Quintana Atelier. Xuntas descubrimos unha colección de prendas únicas, que combinan o fiado a través do tacto co deseño téxtil

 



Vestidos, saias ou chalecos convertéronse no lenzo perfecto para explorar esta fusión creativa, que esperamos seguir desenvolvendo nos vindeiros meses. Esta conexión entre o deseño téxtil e o fiado artesanal abre un novo camiño para Xogo de Fíos, no que se exploran novos xeitos de facer moda e arte. * Dado que aínda estamos en fase experimental, agradecemos aportacións de mellora. Coñece as nosas prendas artísticas con complementos tapizados desde a diversidade e o espírito de superación.

 



Quero dar as grazas á organización da Pasarela, especialmente a Teresa Quintana, por convidarnos a formar parte desta iniciativa tan necesaria. Por suposto, tamén a todas as persoas que acudistes ao evento e as que participastes para facer da solidariedade unha realidade. Desde Xogo de Fíos seguiremos tecendo redes para colaborar en todo o que sexa posible!

 



 

 
 
 

Comments


bottom of page